e-ditor, a ferramenta que che axudará a crear e manter o teu catálogo dixital

Descubre todas as facilidades que che ofrece para que poidas crear e xestionar o teu propio catálogo de contidos dixitais. Poderás editalos, darlle estilo e exportalos no formato que queiras (ePUB, HTML5, SCORM, etc.) cando o precises.


Coas vantaxes de traballar na nube
Accede a todo o teu catálogo dende calquera lugar. Sen instalacións, sen complicacións técnicas, dende calquera dispositivo.
  • Os cambios nos contidos non requiren ser actualizados nin sincronizados.
  • Non require instalación de software adicional. As actualizacións serán automáticas.
Contidos enriquecidos
Enriquece os textos para crear auténticos libros e cadernos interactivos.
  • Engade ao texto definicións, enlaces, notas ao pé, referencias.
  • Convirte elementos do contido en notas, recorda, citas.
  • Engade elementos multimedia (vídeos, imaxes, flash, ....).
  • Completa os cadernos educativos con actividades interactivas (test, emparexar, clasificar, encrucillados, ...).
Un só contido, varios formatos
Os contidos que crees serán HTML5, podendo empaquetalos nos estándares EPUB, para creaciones literarias e SCORM para contidos didácticos.
Estilos personalizados
Dalle aos teus contidos un estilo personalizado e diferente, adáptao cando o necesites.
En e-ditor encontrarás un abano de plantillas diferentes que poderás utilizar para os teus contidos. Se non encaixan coas túas necesidades, poderás modificalas ti mesmo ao solicitarnos a nós unha plantilla exclusiva para as túas creacións.

Eles xa o están usando


Últimas creacións