Aviso legal

1.- DATOS IDENTIFICATIVOS

ENXENIO S.L. con C.I.F. nº B-15879653 ten o seu domicilio social en A Coruña, Estrada dos Baños de Arteixo, Edif. San Cristovo, Portal B, 2º Esq. Está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2.713, Folio 42, Folla C-30.922, Inscripción número 1.

Para comunicarse con ENXENIO S.L. de maneira directa e efectiva, pode poñerse en contacto no teléfono/fax +34 981 91 37 68.

2.- PROPIEDADE, USO RESPONSÁBEL E FINALIDADE DO SITIO WEB

Este sitio web é propiedade de ENXENIO, S.L. (en adiante, enxenio) e o seu contido ten un carácter informativo dos servizos prestados por esta Entidade, así como facilitar aos usuarios a información que solicitaren a través do correo electrónico ou de formularios que puideren habilitarse para estes efectos, a recepción de curriculum vitae e, no seu caso, nun futuro, o envío do boletín aos usuarios que realizaren a súa subscrición, todo isto, suxeito á política da entidade sobre protección de datos e que se explica con máis pormenor na política de privacidade destas condicións de uso.

O feito de acceder a este sitio web implica o coñecemento e a aceptación dos seguintes termos e condicións de uso do seu contido, así como a aceptación da política estabelecida sobre protección de datos cando se facilitaren datos de carácter persoal propios ou de terceiros, e atribúe a condición de usuario do Portal; o acceso a este implica a súa aceptación sen reservas.

Salvo indicación expresa en sentido contrario, o acceso á información mostrada nas páxinas do portal é totalmente de balde.

ENXENIO, titular da web, resérvase a facultade de efectuar, en cualquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

ENXENIO non garante a inexistencia de erros no acceso á web, no seu contido ou na actualización desta. Porén, porá todos os medios ao seu alcance para os evitar, subsanar ou actualizar.

Tanto o acceso a esta web como o uso que puider facerse da información contida nela é responsabilidade exclusiva de quen o realiza. enxenio non responderá de ningunha consecuencia, mal funcionamento, dano ou prexuízo que puideren derivarse do dito acceso ou do uso da información alleas á súa vontade.

O usuario asumirá todos os gastos, custos e indemnizacións que puideren derivarse de procesos iniciados contra el por incumprimento do estabelecido nas condicións de uso.

enxenio non se responsabiliza do estado da conexión de acceso ou dos contidos das ligazóns de terceiros a quen se fai referencia na web.

Os datos correspondentes á titularidade do sitio web e que dan cumprimento ao artigo 10 da LSSI pódense consultar no apartado Aviso Legal que se acha no pé de páxina deste sitio na Internet.

A finalidade deste sitio web é a descrita a continuación: informar aos usuarios dos servizos ofrecidos por enxenio, facilitar a información que os usuarios solicitaren (xa for comercial, novas...) e, no seu caso, a recepción de curriculum vitae dos usuarios que desexaren remitilo a enxenio.

3.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Quedan reservados todos os dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual dos elementos que integran o deseño gráfico da súa páxina web, dos menús, dos botóns de navegación, do código HTML, dos applets de Java ou de Java Script, dos controis de Actives, dos textos, das imaxes, das texturas, dos gráficos e de calquera outro contido do "web site" ou, en calquera caso, dispón de autorización para o emprego dos ditos elementos.

Igualmente, enxenio é titular dos dereitos de propiedade industrial derivados do uso de marcas, signos distintivos e nomes comerciais, excepto os correspondentes a patrocinadores, sponsor, anunciantes etc., que puideren aparecer neste sitio web, e os correspondentes a enlaces que puideren realizarse desde esta páxina web.

As fotografías que puideren aparecer no sitio web ou a través de ligazóns a outras páxinas non poderán ser utilizadas polo usuario con ningunha finalidade, sen a autorización do seu propietario. A utilización indebida destas por parte do usuario farao responsábel único fronte a enxenio e fronte a terceiros, dos danos ocasionados e dos incumprimentos legais que puideren derivarse da utilización destas.

Enxenio resérvase os dereitos de reprodución, modificación, adaptación, comunicación pública, mantemento, correción de erros, cesión, venda, aluguer, préstamos e/ou calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial que poida corresponderlle sobre os contidos do web site. Calquera exercicio dos anteriores dereitos, con independencia do medio ou da forma en que se produciren, require a autorización previa e por escrito de enxenio.

En ningún caso enxenio será responsábel das posíbeis infraccións que sobre a propiedade intelectual e industrial puider cometer calquera usuario do web site.

Enxenio resérvase o dereito a modificar o contido e os elementos que integran o seu web site, sen necesidade de llo comunicar previamente, cando o estime convinte de acordo co exercicio dos seus dereitos.

Enxenio non se responsabiliza da integridade e da veracidade do contido das ligazóns aos web sites a onde poida accederse desde a súa páxina web.

Enxenio pon a disposición dos usuarios un grupo de profesionais encargados de actualizar e de revisar a veracidade e a integridade do contido das informacións vertidas no web site. Porén, dada a natureza do medio e dos posíbeis riscos de interrupción do servizo, alteración do acceso ou dos contidos do web site por parte de terceiros, enxenio exclúe calquera responsabilidade que puider xurdir dos contidos que figuran no seu web site.

4.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E COOKIES

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal e do seu Regulamento de Desenvolvemento, enxenio comunica aos usuarios de www.enxenio.es, que os datos facilitados a través do sitio web mediante os correspondentes formularios, no momento en que existan, e os correos electrónicos recibidos solicitando información (xa for comercial ou informativa) ou enviando o seu curriculum vitae, e que teñen a consideración de datos de carácter persoal, serán incorporados a ficheiros e tratados automatizadamente ou non por parte de enxenio en calidade de responsábel do ficheiro, en Estrada dos Baños de Arteixo, Edf. San Cristovo, portal B, 2º Esq, A Coruña. Os ditos ficheiros encóntranse inscritos na Axencia Española de Protección de Datos conforme á lexislación vixente e normativa de desenvolvemento.

Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da veracidade, da exactitude, da vixencia, da autenticidade dos Datos Persoais proporcionados e comprométense a mantelos debidamente actualizados. Igualmente, os usuarios garanten ser maiores de 14 anos.

A finalidade do tratamento será a de xestionar a petición realizada a través da web, xa sexa a través de formulario de contacto ou de calquera outro tipo de impreso on line, ou ben a través dunha petición por correo electrónico. Tal petición poderá ser, sen carácter limitativo, a xestión dun pedido, a constestación a unha solicitude de información comercial, a solicitude de emprego ou incluso a alta en boletíns informativos da empresa, así como calquera outra interacción entre o usuario da web e enxenio que tenda a satisfacer a necesidade do usuario. Todos os datos solicitados son necesarios para poder atender a solicitude. Igualmente, a finalidade da recollida de datos será a de enviar ao usuario a información comercial sobre produtos ou servizos relacionados coa empresa e que puideren ser do seu interese, por calquera medio, incluídos o electrónico, inclusive unha vez finalizada a relación negocial ou contractual.

En caso de que o usuario non desexase este último tratamento terá oportunidade de oporse á recepción das comunicacións comerciais marcando o cadro correspondente no propio formulario de contacto ou, en canto non existiren na web tales formularios, exercitando o seu dereito de oposición na dirección anteriormente mencionada.

En calquera caso, o usuario sempre disporá dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que poderá exercitar ante enxenio no enderezo Estrada dos Baños de Arteixo, Edf. San Cristovo, portal B, 2º Esq. mediante a debida acreditación da súa identidade (copia do seu DNI).

En caso de que se facilitasen datos de carácter persoal, por persoas non titulares destes, o usuario deberá, con carácter previo á súa inclusión, informar as ditas persoas dos extremos contidos nos parágrafos anteriores. Nestes casos o usuario garante que os datos informados son de maiores de 14 anos e que a información é exacta e veraz. enxenio quedará exenta de calquera responsabilidade polo incumprimento por parte do usuario destes requisitos.

O responsable do ficheiro adoptou os niveis de seguridade de protección dos Datos Persoais legalmente requiridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas a disposición segundo o estado da tecnoloxía para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos Datos Persoais facilitados.

O usuario conta coa confidencialidade e co deber de segredo dos empregados de enxenio e de todos aqueles que trataren os datos no seu nome e por conta deste. Sen prexuízo do anterior, o usuario é consciente da posibilidade de que a seguridade das comunicacións a través de rede non sexa invulnerábel.

Esta web utiliza cookies propias (JSESSIONID) para manter a sesión do usuario, que é imprescindible para o funcionamento da web. É unha cookie de sesión, o que significa que desaparece unha vez cerrado o navegador, non se garda de forma persistente no disco duro.

5.- HIPERENLACES

O establecemento de calquera hiperenlace desde unha páxina web allea a calquera das páxinas deste sitio web realizarase conforme ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos contidos neste sitio web.
  • Non se incluirá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre as páxinas deste sitio web e dos seus servizos.
  • enxenio non será responsábel dos contidos, das informacións, das manifestacións, das opinións e dos servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se estabelecer un hiperenlace a este sitio web.
  • Calquera hiperenlace efectuarase á páxina principal deste sitio web.

No caso de existiren, os hiperenlaces deste sitio web terán que ser validados de forma previa cos titulares das páxinas webs enlazadas, non sendo responsábel enxenio das actividades que realizaren os usuarios nas ditas páxinas enlazadas, especialmente nos casos que foren contrarios á lei, á moral e á orde pública.

6.- VIXENCIA DAS CONDICIÓNS DE USO

As Condicións de Uso para a utilización desta web teñen carácter indefinido e permanecerán vixentes mentres o portal estiver activo. O usuario recoñece ter lido as presentes Condicións e presta a súa conformidade con estas.

7.- NULIDADE E EFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera clásula incluída nestas condicións fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz, tal nulidade afectará tan só a dita disposición ou á parte desta que resultar nula ou ineficaz, e subsistirán en todo o demais as condicións.

8.- LEI E XURISDICIÓN APLICÁBEIS

As presentes Condicións de Uso réxense pola lexislación española. En caso de disputa ou controversia relacionada coa interpretación ou coa aplicación destas Condicións Xerais, as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.