Condicións de uso

1. Identificación da empresa
e-ditor (de agora en diante o Servizo) é propiedade da empresa Enxenio S.L. (a partir de agora Enxenio), con CIF B15879653, domicilio social en Estrada dos Baños de Arteixo, Edif. San Cristovo, Portal 2º esq. 15008 A Coruña (España), inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2.713, Folio 42, Folla C-30.922 (inscrición número 1).
2. Aceptación das condicións de uso
Mediante a utilización do Servizo vostede asume ter lido e aceptado as presentes Condicións de uso (recoméndase imprimir unha copia para a súa posterior consulta). Enxenio resérvase o dereito a realizar modificacións nas presentes condicións, que serán publicadas na sección de Actualizacións que aparece ao final desta páxina, e que entrarán en vigor segundo a data e o modo indicados. Por tal motivo, vostede deberá revisar estas Condicións de uso regularmente para comprobar ditas modificacións.
3. Contas de usuario
Para poder utilizar o Servizo vostede deberá crear unha conta de usuario introducindo a súa información persoal, que deberá ser correcta e completa.En cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) informámoslle que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione (a través do formulario web de rexistro ou por calquera outro medio), serán incorporados a un ficheiro titularidade de ENXENIO S.L., debidamente inscrito na Axencia de Protección de Datos, coa exclusiva finalidade de xestionar os servizos solicitados e o mantemento da relación contractual que no seu caso se estableza. Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na LOPD mediante o envío dun correo electrónico a contacto@e-ditor.es.Enxenio garante que adoptou as medidas de seguridade oportunas para garantir a confidencialidade dos datos persoais, así como que estes non serán utilizados para finalidades distintas ás indicadas no devandito parágrafo.Mediante a creación dunha conta de usuario e a aceptación das presentes condicións, vostede asume de forma expresa a responsabilidade única sobre toda a actividade que teña lugar na devandita conta, tanto fronte a Enxenio como calquera outra responsabilidade fronte a terceiros que se derivase do uso do Servizo. Ademais, vostede comprométese a non eludir, desactivar ou manipular de ningún xeito (ou tratar de eludir, desactivar ou manipular) as funcións de seguridade do Servizo. Advírtese de que calquera indicio que suxira un uso malintencionado ou fraudulento do Servizo será posto en coñecemento das autoridades que corresponda.É moi importante que manteña de xeito seguro e confidencial o seu contrasinal. No caso de que detecte que a súa conta foi accedida de forma non autorizada, deberá notificárnolo de xeito inmediato.
4. Servizos de pagamento
Ademais da modalidade gratuíta, ofrécense distintas modalidades de pagamento por uso do Servizo, que variarán segundo o número de usuarios que poderá definir na súa conta e o espazo de almacenamento máximo que poderá utilizar para almacenar os seus contidos no servidor.Para formalizar a contratación dalgunha das modalidades de pagamento existentes, vostede deberá contactar con Enxenio enviando un correo electrónico a contacto@e-ditor.es, ou por cualquera outro medio que poderá encontrar na sección de contacto dentro da súa páxina web. O período mínimo de contratación é dun mes. No caso de que vostede exceda o espazo máximo de almacenamento para a modalidade contratada, non se interrompirá de forma inmediata o uso do Servizo, senón que se ofrecerá un prazo de 10 días para reaxustar a situación (mediante a redución do espazo utilizado ou a contratación dunha modalidade superior). Transcorrido o prazo de 10 días e de non ser efectivo o devandito reaxuste, Enxenio resérvase o dereito a interromper o acceso ao Servizo.Vostede poderá cambiar en calquera momento a unha modalidade superior, en cuxo caso descontaráselle da cantidade a aboar pola contratación da nova modalidade, a cantidade correspondente ao período de vixencia restante do contrato anterior, rateada por días.As licenzas especiais de uso do Servizo para os membros da comunidade educativa ou outras organizacións sen ánimo de lucro non están suxeitas ás condicións recollidas no presente documento. Neses casos será obrigatorio o establecemento e a aceptación, por ambas as dúas partes e de forma explícita, das condicións particulares de uso do Servizo.
5. Propiedade intelectual e uso dos contidos
No acceso ao Servizo mediante calquera modalidade de pagamento e segundo as condicións establecidas no apartado anterior, vostede mantén os dereitos de explotación en exclusiva sobre os contidos creados na súa conta. Non obstante, no caso de utilizar o Servizo na súa modalidade gratuíta, vostede cede expresamente a Enxenio o dereito ao acceso e a utilización sen ningún tipo de limitación (incluída a utilización comercial) dos seus contidos, sen prexuízo do uso que vostede poida facer dos mesmos.
6. Limitacións ou exclusións de responsabilidade.
Enxenio non se fai responsable en ningún caso dos contidos creados por vostede a través do Servizo, nin das consecuencias que poidan derivar do uso que vostede faga de ditos contidos. Vostede asume a responsabilidade única sobre os contidos xerados a través do emprego do Servizo.Enxenio comprométese ao bo funcionamento do Servizo, pero non se fai responsable dos posibles problemas técnicos ou outras causas de forza maior que poidan producirse e que supoñan a interrupción temporal do Servicio, nin das posibles consecuencias que poidan derivarse das devanditas interrupcións. Entre estas causas, inclúense as tarefas de mantemento dos servidores e a instalación de actualizacións do Servizo. En todo caso, Enxenio comprométese a tratar de solucionar calquera continxencia coa maior brevidade posible.
Actualizacións:
Polo momento non existen actualizacións.