Para poder utilizar o Servizo vostede deberá crear unha conta de usuario introducindo a súa información persoal, que deberá ser correcta e completa.En cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) informámoslle que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione (a través do formulario web de rexistro ou por calquera outro medio), serán incorporados a un ficheiro titularidade de ENXENIO S.L., debidamente inscrito na Axencia de Protección de Datos, coa exclusiva finalidade de xestionar os servizos solicitados e o mantemento da relación contractual que no seu caso se estableza. Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na LOPD mediante o envío dun correo electrónico a
contacto@e-ditor.es.Enxenio garante que adoptou as medidas de seguridade oportunas para garantir a confidencialidade dos datos persoais, así como que estes non serán utilizados para finalidades distintas ás indicadas no devandito parágrafo.Mediante a creación dunha conta de usuario e a aceptación das presentes condicións, vostede asume de forma expresa a responsabilidade única sobre toda a actividade que teña lugar na devandita conta, tanto fronte a Enxenio como calquera outra responsabilidade fronte a terceiros que se derivase do uso do Servizo. Ademais, vostede comprométese a non eludir, desactivar ou manipular de ningún xeito (ou tratar de eludir, desactivar ou manipular) as funcións de seguridade do Servizo. Advírtese de que calquera indicio que suxira un uso malintencionado ou fraudulento do Servizo será posto en coñecemento das autoridades que corresponda.É moi importante que manteña de xeito seguro e confidencial o seu contrasinal. No caso de que detecte que a súa conta foi accedida de forma non autorizada, deberá notificárnolo de xeito inmediato.