Cómo funciona

1. Establece a estrutura

Define en que partes queres organizar o teu libro, unidade didáctica, etc.

Establece que vai conter cada parte: texto, exercicios, ligazóns...

2. Elabora o índice

Crea o índice de contidos do teu material

Os contidos quedarán inmediatamente organizados, seguindo a estrutura definida


3. Introduce os textos

Edita os textos das diferentes seccións.

Enriquéceos con elementos multimedia, notas, destaques, definicións...

4. Engade outros recursos

Engade actividades (test, emparellar, resposta curta, etc), glosarios de definicións, seccións de ligazóns, escenarios interactivos...


5. Dálle estilo

Escolle un estilo e cámbiao cando queiras para obter distintas presentacións do teu material.

Se queres marcar o teu propio estilo, tamén poderás facelo!

6. Exporta como precises

Unha vez teñas elaborado o contido, chegou o momento de ver o resultado.

Expórtao ao formato que precises: HTML, SCORM, ePUB, PDF...