Se queres facer un uso comercial dos contidos creados desde e-ditor podes contratar unha licenza profesional co que as creacións realizadas dende a túa conta serán PRIVADAS. Ten en conta que coa licenza gratuita, Enxenio S.L. resérvase o dereito a facer públicos os contidos creados en e-ditor.
Cunha licenza profesional poderás xestionar todo un catálogo editorial dentro da túa organización, con varias persoas traballando de forma colaborativa e con distintos roles. Terás acceso á sección de administración de licenzas que che permite xestionar as distintas licenzas que adquirises de e-ditor, podendo asignar licenzas a usuarios concretos e revogar licenzas eliminando os devanditos usuarios. Unha vez que anules unha licenza, podes asignala de novo a outra persoa.
Ten en conta que poderás cambiar de talle cando queiras, mantendo o catálogo de materiais que xa teñas creados.
S 50€/mes 5 usuarios 500 MB espazo | M 100€/mes 10 usuarios 1 GB espazo | L 200€/mes 25 usuarios 2 GB espazo | XL 300€/mes 50 usuarios 5 Gb espazo |
Podes incrementar o espazo de almacenamento dispoñible sen cambiar de talle. Contacta con nós para consultar prezos. | e-ditor dispón de licenzas especiais para membros da comunidade educativa e outras organizacións sen ánimo de lucro. |
Porque o tamaño non debería limitar a túa creatividade, e-ditor vaiche permitir acceder a todas as súas funcionalidades independentemente do talle que elixas. Deste xeito poderás ir cambiando de talle a medida que o teu volume de traballo se incremente, desfrutando sempre de todas as opcións creativas que a ferramenta ofrece.
Ten en conta ademais que e-ditor é unha ferramenta viva, que irá incorporando novas funcionalidades (tipos de actividades, formatos de exportación etc) e adaptándose aos cambios (aparición de novos tipos de dispositivos, evolución de estándares de publicación etc). Estas melloras estarán dispoñibles para ti de forma inmediata e sen ningún custo adicional.
e-ditor inclúe un catálogo básico de modelos de estilo, que iremos ampliando, e ofrece ademais a posibilidade de cambiar os estilos (cores, tamaños, fontes etc) por defecto do modelo polos que ti queiras para un material concreto.
Se precisas un modelo moi diferente dos que hai, por exemplo personalizada coa imaxe corporativa da túa organización ou cuns estilos propios para unha colección concreta de libros, en e-ditor terás a posibilidade de incorporar modelos personalizadas. Contacta con nós e dinos o que precisas.
Aínda que e-ditor é unha ferramenta de uso sinxelo e inclúe información de axuda contextual en cada fase do proceso creativo, coa licenza profesional poñemos á túa disposición o noso equipo de asistencia que che axudará a resolver calquera dúbida que che xurda durante a utilización da ferramenta en menos de 24 horas.